Impresionante

Posted: 18th abril 2010 by rozio in Actividades musicais

É o mellor adxectivo que atopo para describir o espectáculo de Adagio de Mónica Naranjo. Xa vos dixera noutra entrada que en abril iba a ir dous espectáculos:

  • Magic of de Dance: ao cal non vimos pola suspensión dos voos de Europa polas cinzas do volcán. No seu lugar fomos ver o estreno de Alicia no país das maravillas de Tim Burton que teño que confesar que me gustou e iso que non ía convencida.
  • O concerto de Mónica Naranjo.

Aquí xa teño de que falar. O coliseum estaba decorado para a ocasión e como vos podedes imaxinar había ambiente de festa. Chamoume a atención de que a xente ía moi arreglada, como se fose ao teatro, e esa foi para min a maior crítica: un espectáculo así con filarmónica incluída debía ser no Teatro Rosalía. Se no coliseum poñíanseche os pelos de punta ouvir a voz da diva acompañada da orquesta, non me imaxino o que podería ser no Rosalía.

As cancións estaban perfectamente adaptadas e emocionaban a súa interpretación e posta en escea. Ela estaba estupenda, os músicos xeniais e todos nós coma nenos aplaudindo e disfrutando. :-D

Xa coma último apunte comentar que non sei como alguén pode cantar así e por encima ¡¡¡comendo chicle!!! E que vai sobrada…

Se tedes a ocasión de ir non o dubidedes é algo que merece a pena. Eu repitirei se se me presenta de novo a oportunidade.

*