Tarde de motos

Posted: 10th abril 2010 by rozio in A monte

Hoxe, Coruña, tivo a máxima temperatura de España (por riba de Ourense, Sevilla ou Tenerife), e isto había que aproveitalo. Despois dun SMS a Pableras e a Nachete, iniciamos o procedemento.  Eu xa tiña a moto bastante decente pero Nacho e Jacobo decidiron pasarlle un mangueirazo antes, así que quedamos tarde. Non importaba porque houbo sol dabondo… e así puden levar a Héctor á praza e xogar un pouco coa pelota e na bicicleta.

Con todas as gaitas eu cheguei as 20:00, Pablo e Belén as 20:15 e Nacho (que non morrerá de estrés) ;-) e Jacobo as 20:30. A onde chegamos? A Betanzos, lugar de reunión das motos, e había, había material :-D Despois de tomar un auga fría (facía moito calor) e charlar animosamente nas terrazas, decidimos levantar o campamento sobre as 21:30 (casi cheguei a tempo para o partido: para min resultado inxusto, penso que reflexaría máis o xogo un 1-2) non sen antes quedar para o próximo sábado para ir a Ortigueira. Para esta ruta avisaremos a Marko, a ver se hai sorte e non ten que traballar, e así pode acompañarnos coa súa “duca”.

Falando das motos, cóntovos cales son as nosas:

Disfruto moito destes momentos na moto.

  1. Virtu dice:

    Pois a min danme un medo terrible….

  2. rozio dice:

    É outra experiencia… que podo facer que coñecas cando queiras. Teño coidado… xa sabes… teño unha familia que coidar :-)

*