Volveu volveu

Posted: 9th mayo 2010 by rozio in Actividades deportivas

O sábado (onte) saíronme as xogadas e goles que levaban tempo agachadas nalgún lado. Na primera xogada perigrosa que cheguei a portería e, xa a portería vacía, o balón deume no pau xa pensei que ía a ser o das últimas xornadas: o de asustar si pero o de meter non. Para levantarme deste fracaso, na seguinte xogada fun un pouco “chupona” e en lugar de pasarlle o balón o compañeiro cando cheguei á zona de tiro, culminei eu a xogada con fe e ¡¡foi gol!!.

A partir de ahí todo estivo feito. Xoguei en defensa, subín balóns e marquei goles. Xa non me lembro se marquei 4 ou 5, o que si me lembro e que dous foron coa perna esquerda (que a teño pouco máis que para apoiar) e ún foi en xogada “de estrela” saíndo co balón desde a defensa, facéndome un autopase co xogador de peche e dende a beira do área marcando un golazo!!!

Tamén comentar que hoxe estou molida e non é normal. Quizais o motivo é que onte xogamos catro contra catro (faltáronnos dous), de ahí que houbese máis goles do normal nisto do fútbol sala (penso que quedamos 13 a 11 pero xa non me lembro… o resultado non é o importante). Aparte, nunha xogada de ir dous ao balón, no afán de gañar e saír coa pelota, caímos os dous ao chan… e en quente non se nota moito… pero hoxe hai partes do corpo que están algo doloridas… algúns xa temos unha idade. :-P

¡¡Ah!! isto da idade faime recordar que onte xogamos solteiros contra casados, ¡¡e gañamos os casados!! ;-)

*