Non hai como que che guste algo como para que o repitas con frecuencia. Comezamos fai xa un ano a quedar os mércores (alternos) Mayka, Silvia, Belén (incorporouse máis tarde pero xa lle pillou tamén o gusto) máis eu e agora tamén cae algún luns coma hoxe.
O motivo de hoxe e que o mércores pasado foi escaso
e que tamén a miña nai quere apuntarse e é o único día que pode.
Deixamos que veña xente nova a esta xuntanza coa única condición de que sexa muller. Xa decidimos ao principio de todo que os homes cada un ten que aguantar o seu
E algunha convidada tivemos pero ao final as asiduas somos as que citei antes. É duro volver ao traballo o día seguinte… pero bueno, cansadas si pero felices tamén.
Para as persoas que seguides o blog e que cumplades a condición, convídovos a probar; é unha boa terapia (¡¡¡Virtu!!! ¿estás escoitando? )